**MENAECHMI**


**ORATORIA**


· A Lírica como xénero literario:


- Xurdiu ó abeiro de danzas e melodías (lyros) e foise volvendo mais complexo e intenso

- Expresa emocións e sentimentos

- Enfoque persoal e subxectivo



Principais subxéneros



ü Égloga: Pastores que dialogan sobre temas amorosos-> Virxilio

ü Elexía: Temas sociais e políticos (modelo grego), os latinos introduciron temas do amor, a vida e a morte -> Catulo, Tibulo,Propercio e Ovidio.

ü Epigrama: Temas: ofrendas a una divinidade, louvanzas a persoas finadas, expresións de amor, satiras e burlas-> Marcial

ü Oda: O poeta expresa os seus sentimentos e reflexións con un personaxe relevante dunha época-> Horacio



· A poesía lírica no século I a.C.



No século I prodúcense acontecementos e cambios que afectaron a poesía lírica:


ü Cambio no estatuto social dos poetas, pertencen a clases altas.Emerxe por tanto o individualismo na literatura e a subxectividade.

ü Novas conceptos das función da poesía e da relación poeta-público.

ü Desinterés e afastamento do poeta co colectivo de cidadáns.




o Fronte as primeiras manifestacións líricas: O Himno dos Salios-Carmen Saliorum e o Himno dos irmáns Arvales- Carmen fratrum, xurde una nova xeración de poetas: poetae novi ou neoteroi cuxas composicións son breves, de gran perfección técnica e beleza formal e estilística, a ‘urbanitas’e a ‘amicitia’ son os novos valores.



Estes autores están influidos polos gregos:


Ø No feito de cultivar xéneros diferentes

Ø Na preferencia por formas menores

Ø No desprezo dos grandes xéneros e temas

Ø Na ruptura de identificar un metro cun tema concreto


Catulo


o É o principal representante desta escola de xoves poetas que imitaban ós poetas gregos, e deles adoptou a elexía e o epigrama. o Del consérvanse 116 poemas, de variedade de temas e extensión. Estes poemas pódense clasificar en 3 grupos de acordo cos motivos que os inspiran: 1. Poemas mitóloxicos eruditos: os mais extensos de inspiración alexandrina . 2. Poemas satíricos e epigramas: Lanza invectivas contra os inimigos e critica a sociedade. 3. Poemas líricos puros: Tratan dos seus sentimnentos, do amor, e da amizade. Os mais significativos son os que fan referencia a relación de amor-odio con Lesbia.



· A poesía e a sociedade Augústeas


§ Esta época se caracteriza polo paso da república ó Imperio. A literatura acada a época dourada e os poetas queren conseguir a inmortalidade.

§ Esta época está dividida históricamente en 3 momentos:

- Periodo triunviral (43 a C.) o imperio queda en mans de Octavio , Antonio e Lépido que queren poner orde no caos

- Primer periodo Augusteo (27 a.C.) o poder imperial de Octavio está definido.

- No ano 20 a.C. Octavio Augusto exerce o poder monárquico


§ Neste período se produce o cambio de actitude cara á poesía e ós poetas quen renuncian ó esteticismo e comprométesen coa sociedade e defenden a súa falta de compromiso.

§ A poesía serve de educación moral.

§ Grazas a reputación de Mecenas (patrón que mediaba entre poetas e o emperador quen quería que as suas fazañas quedasen recollidas nun poema épico) os poetas tiñan liberdade de non aceptar imposicións, pero na 2ª metade decae a influencia de Mecenas e os poetas dependen do emperador.


Horacio


o Estivo baixo o patronato de Mecenas e moralmente estaba obrigado a facer propanganda da súa política.

o No período triunviral mostra nos Epodos e Sátiras o libre arbitrio republicano e a escasa simpatía polos triunviros. Os Epodos son una forma de expresión da intimidade do poeta, impregnada de acerbitas (agresividade) atenta ós conflictos persoais e públicos cun tono pesimista.

o Mais adiante Mecenas tíralle o compromiso de apoiar ó proxecto político de Octavio.

o Obra lírica:

- Odas: Carmina-> 104 composicións reunidas en 4 libros de ton severo e solemne con temas variados: Carpe Diem, Aurea Mediocritas melancolía, escepticismo, inmortalidade da obra…

- Epodos: 17 pezas inspirados na lírica grega.

Odas

o Nos primeiros libros de Odas desempeña o papell dun alceo ( cidadán comprometido) que escribía patrióticamente pero pensa que a marxe había espazo para o ocio, o amor e o viño.
o Nas Odas se reflexa os principios da aurea mediocritas: se contentar con pouco, reter o momento que foxe
o Os grandes temas son o amor, a amizade, os himnos, os banquetes, a natureza, as reflexións filosóficas vitais e políticas, una cuarta parte das Odas é poesía amorosa pero desde a distancia, a crítica e o cinismo.
o En Odas hai poesía subxectiva e obxectiva, cun ton elevado pero epigramático, con contido mitolóxico e de cousas cotiás.

Estructura das Odas:


ü Composición lineal, numero indeterminado de estrofas, cun tema e cunha gradatio ascendente ou descendente.
ü Composición en anel: odas que comenzan e rematan co mesmo tema
ü Bimembre: odas con 2 partes de extensión similar, antitéticas ou parelas con 2 temas.